36
- É unha homenaxe ás mulleres traballadoras anónimas
O Concello de Vimianzo acolle este sábado a exposición ‘Formigas’, unha homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras. Será nas murallas do Castelo de Vimianzo en horario de 10:30 a 14:00 horas. Ao acto acudirán a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; o comisario da exposición, Antoni Torres e Puri Lema, unha das persoas que impartiron o obradoiro artístico relacionado coa exposición.
A mostra tamén poderá visitarse no Museo Man de Camelle, en Camariñas.