A exposición fotográfica ‘Na beira do mar das Sisargas’ chega este venres a Malpica

1 minutes read

A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do Concello de Malpica organiza a exposición fotográfica “Na beira do mar das Sisargas” do fotógrafo Peter Schneider. A mostra inaugurarase este venres 28 de xullo ás 20.30 horas no Centro Cívico de Malpica.

Peter Schneider nace en 1963 en Frankfurt, Alemaña. Desde 1988 traballa como fotógrafo en estudos de fotografía social, estudos de publicidade e en axencias publicitarias. En 1992 empezou o seu traballo como freelance. En 1993 gana a Bolsa de Arte Fotográfica do Estado Federal de Baixa Sajonia cunha serie sobre Galicia. De 1998 a 2004 viviu en Malpica. Agora reside en Lugo, desde onde traballa para diferentes axencias de publicidade, empresas e editoriais. Continúa o seu labor en fotografía social e tamén exerce como profesor de fotografía.