A exposición «Mindjer di Guiné» estará ata o día 29 na Biblioteca Rego da Balsa

1 minutes read

Esta mostra reúne vinte instantáneas que buscan poñer en valor a visión feminina da contorna. As autoras captaron coa súa cámara desde situacións cotiás ata a repercusión que os proxectos de cooperación internacional teñen nas súas vidas, ao facilitarlles o abastecemento de auga. Ao tempo, as e os espectadores empatizarán coa realidade do país lusófono desde o punto de vista da súa poboación, concretamente das mulleres, que loitan por seguir avanzando en condicións moitas veces pouco favorables. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é socio o Concello de Carballo, financiou esta iniciativa da ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz