A exposición «Nós somos elas» do Arquivo Vidal de Laxe chega ao porto da Coruña

Fotografías do Arquivo Vidal de Laxe con mulleres como protagonistas e poemas de vintecatro autoras compoñen a exposición «Nós somos elas» que a área de Igualdade da Deputación da Coruña e a AC Alexandre Bóveda inauguraron na Mariña da Coruña. A mostra quere poñer o foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e laboral polos fotógrafos de Laxe e con voz propia asinando os textos cos que dialogan as imaxes.

Mulleres acompañadas dos seus fillos e fillas son os conxuntos máis repetidos nos 24 retratos seleccionados do Arquivo Fotográfico Vidal, concretamente de José Mª Vidal, da colección permanente do Museo de Mar de Laxe que se poden ver estes días e até fin de mes no Parrote, na Mariña da Coruña.

A deputada de Igualdade, María Muíño, a presidenta da AC Alexandre Bóveda, Mª Xosé Bravo e o alcalde de Laxe, José Luís Pérez Añón, participaron, xunto cun grupo de poetas participantes na iniciativa no acto de inauguración que se desenvolveu á beira da mostra, no peirao coruñés.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha