A exposición pública dous parques eólicos na Baña

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda comunicoulle ao Concello da Baña que se vai iniciar a avaliación de impacto ambiental de dous parques eólicos solicitados pola empresa Gren Capital Power SL en terreos do termo municipal da Baña. A documentación pódese consultar na web da Consellería durante 30 días.

O parque eólico do Barrosino solicitado por Gren Capital Power SL consta de 3 aeroxeneradores de 127,5 metros de altura, cun diametro de rotor de 145 m e capacidade para xerar 13,5 MW (megawatios).

O parque eólico de Vilartoxo situarase nos municipios da Baña e Val do Dubra, e consta de 6 aeroxeneradores de 127,5 metros de alto e un diámetro e rotor de 145 metros (4 deles estarán na Baña), con capacidade para xerar 27 MW. Na Baña, afectará a montes das parroquias de Lañas, Troitosende e Cabanas.

A Consellería comunicoulle ao Concello o inicio da tramitación do parque de Barrosino, e o expediente de Vilartoxo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha