A expulsión de Kensly provoca unha goleada do Escobedo ao Bergantiños nas Eiroas (1-4)

O partido estivo igualado durante moito tempo, pero quedou desequilibrado aos 36 minutos. Unha falta perigosa a prol dos galegos sacouna Kensly. Na loita polo rexeitamento cun membro da barreira recibiu o segundo cartón amarelo e foi expulsado. Un mazazo que penalizaba pouco despois o Escobedo cun gol de Aarón á contra.

O Bergantiños resistiuse, e empatou o encontro antes do descanso. Marcou Fito á saída dun córner. Pero o Escobedo volveu golpear no engadido por medio de Peña, e o encontro decantábase.

Á volta do descanso os cántabros ían facer dous goles máis. Adu Fontán no 52 e Cagigal no 56. Antes da hora de xogo quedaba sentenciada a sorte do encontro, deixando ao Bergantiños sen Copa e sen promoción, pero salvado. O Escobedo loitará por eludir o descenso co Compostela, e pode evitar o play out se lle da caza ao Coruxo na última xornada.

Related posts

O Calvo Xiria balonmán recibe este sábado a visita do Gáldar Gran Canaria

O Salvamento Acuático Laracha asinou unha actuación extraordinaria esta fin de semana na Liga Española de Clubes

Gran fin de semana dos atletas da A.D. Fogar en Ribadavia, Córdoba e Ourense