A extrema dereita arrasa nas eleccións xerais de Italia

A coalición post-fascista liderada por «Os Irmáns de Italia» (Fratelli d’Italia), obtivo preto dun 43% dos votos, e o FdI de GiorgiaMeloni é o partido máis votado do país co 26,2%. Así, a ultradereitista GiorgiaMeloni, ten todos os boletos para chegar ao poder, e converterse na primeira muller na historia da República en liderar o Goberno. A alianza entre Meloni (FdI), o soberanista MatteoSalvini (Liga) e o conservador Silvio Berlusconi (FI) terá maioría absoluta tanto na Cámara de Deputados como no Senado, e queda moi preto de copar os dous terzos do Parlamento, o que lle permitiría cambiar a Constitución sen necesidade de consenso. O Partido Democrático (PD) recoñeceu a vitoria da coalición de dereitas, e expresou a súa «responsabilidade» como primeiro partido da oposición, segundo a vicepresidenta do partido progresista na Cámara de Deputados, Deborah Serracchiani.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha