A Faguía de Carnés e o Asalto ao Castelo, protagonistas vimianceses en FESTUR 2023

1 minutes read

O Concello de Vimianzo está presente nunha nova edición de FESTUR, e xa van nove, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra do 8 ao 11 de xuño en Silleda.

A Faguía de Carnés, cos callos, e o Asalto ao Castelo, co pincho irmandiño, foron os protagonistas cunha degustación este venres, ambos con petiscos.

As persoas visitantes puideron descubrir Vimianzo, o corazón da Terra de Soneira, grazas á presenza de Mariví Amigo, técnica de Turismo da Administración local e persoa encargada de explicarlle os pormenores do potencial turístico a toda a xente que se achegue ata o posto propio.

Desde o Concello de Vimianzo queren agradecer a posibilidade que ofrece FESTUR de dar a coñecer e potenciar as posibilidades do municipio, tanto de gastronomía como de patrimonio, material e inmaterial, como poden ser tantos recursos que visitar e as súas dúas Festas de Interese Turístico Galego, a Faguía de Carnés e o Asalto o Castelo de Vimianzo, dous estandartes dos que están moi orgullosas e orgullosos, conclúen.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?