A ‘falla de liderado de Feijóo atrasa o financiamento autonómico’, segundo Montero

A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, responsabiliza o Partido Popular da falta de avances na reforma do sistema de financiamento autonómico. Montero asegura que está disposta a reunirse canto antes con Núñez Feijóo pero cre que non é posible chegar a un acordo pola falta de liderado do presidente do PP.

«Feijóo reclamou en Galicia unha maior influenza á hora de distribuír os recursos públicos e vai a Cataluña e di que non, que ese non é criterio, que é a poboación (…) Ten o señor Feijóo liderado dentro do seu partido para promover unha única posición en financiamento autonómico? Presumo que non porque senón tería que dicir si, sen escusas, a poñerse de acordo co PSOE en poder configurar o modelo».

Feijóo defende posicións diferentes en cada comunidade, afirmaba Montero este mesmo sábado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha