En cuestións de tráfico en Carballo, cada día, ou varias veces no mesmo día, sorpréndenos o máis difícil aínda. Moitos son os condutores de vehículos pesados e de grandes dimensións que se ven sorprendidos polas malas pasadas do GPS ou por unha falta de alternativa circulatoria acorde ás súas necesidades. Certo é, que a Xunta de Galicia e o concello de Carballo parece que fumaron a pipa da paz, polo ben de todos/as e puxeron a primeira pedra para que a circunvalación ao centro urbano comece a ser unha realidade, co compromiso do ente autonómico de incluír unha partida económica nos orzamentos do 2020 para impulsar a variante. Este luns un trailer tivo que facer «primeiros pasos» para desenvolver o xiro e recuperar o sentido da marcha no cruzamento das rúas Doutor Fleming e Gran Vía, un dos moitos casos que se viven a diário.
38