- Xuntos Carballo M+J recolleu unha queixa veciñal por estes danos.
O secretario xeral da formación, Xesús Deus Gende, e o responsable de Seguridade, Tráfico e Movilidad, Perfecto Méndez Lema, desprazáronse ata o lugar de Calvos, para coñecer en primeira persoa a queixa dun veciño indignado polo que considera un evidente deixamento na ancoraxe dos contedores de lixo.
Dita persoa, segundo o seu propio testemuño, circulaba co seu vehículo pola estrada á altura de Ramil (Rus), cando de súpeto atopouse cun recipiente de lixo na súa traxectoria, que lle causou danos no coche. Inmediatamente chamou ás autoridades locais para que estes desen fe dos danos mediante o correspondente parte de incidencia, pero segundo a súa versión, recibiu por resposta que retirase o contedor da vía.
O afectado considerou que non debía de ser el quen o fixese, senón o Concello, ou a empresa concesionario no seu caso, a través do seu persoal. A día de hoxe ninguén se interesou polos danos sufridos, que roldarán uns 1.000 euros, polo que a persoa optou por dar parte á súa compañía de seguros que será a encargada de realizar as pertinentes xestiones para determinar as responsabilidades e arranxo do vehículo.
«Non é a primeira vez, nin será a última, que poidan ocorrer este tipo de incidentes en Carballo, dado que moitos contedores carecen de ancoraxes ou medidas de seguridade. Necesitamos que se realicen os traballos pertinentes para que estes recipientes non representen un perigo para a cidadanía», sinala Xesús DeusGende.
