A falta de limpeza dos solares crea outro conato de lume en Carballo


O martes 19 foi un lume forestal preto da gardería infantíl situada na estrada que comunica Carballo con Razo, á saída de Carballo, o que alertou aos veciños da zona e aos equipos de emerxencia a través do 112, este sábado 23 volveu a ocorrer outro conato de lume na zona do instituto Monte Neme nun solar a toxos e matogueiras próximo á confluencia das rúas Violetas, Begoñas e Hortensias. A rápida intervención dos bombeiros apagouno sen consecuencias maiores.


Zona do lume este sábado ao caer a noite preto da rúa Violetas e das vivendas.


Cabe non baixar a garda no cumprimento da normativa de limpeza de solares, sobre todo no centro urban, – unha chamada de atención aos propietarios- dado que de momento no mes de marzo, aínda que está bo tempo, non é a época habitual de alto risco de incendios forestais. Pero xa van dous en menos dunha semana. Máis perigo pode haber aínda si se trata de zonas céntricas con vivendas, xente e coches preto, tal e como se aprecia na seguinte imaxe fronte á oficina de Correos en Carballo.


Solar céntrico, aberto e sen limpiar fronte a Correos en Carballo.


Solar acristalado e aberto na rúa Antón Fraguas.