A falta de marisco obriga as mariscadoras de Carril a suspender a campaña de Nadal

Imaxe de arquivo dunha zona de ameixa

Os mariscadores a pé de Carril acordan suspender o que queda da campaña de Nadal e todo o mes de xaneiro pola escaseza de marisco. Este feito pon en alerta ao Concello de Vilagarcía de Arousa, que pide á Xunta de Galicia que comece a tomar «medidas serias e eficaces para frear a continua mortaldade» dos bivalvos.

O alacalde de Vilagarcía, Alberto Varela, o deputado autonómico Julio Torrado e membros do Goberno local reuníronse este mércores coa agrupación de marisqueo a pé de Carril para abordar a crítica situación que atravesa a zona. O primeiro edil instou ó Goberno Galego a deixar a unha banda a súa incompetencia e que tomen medidas para facer fronte á unha problemática «que leva á ruína ás mulleres e homes que viven deste recurso». Deste xeito, únese á larga lista de outras zonas marisqueiras das rías galegas que perden toda a Campaña de Nadal, debido á alta mortaldade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha