A familia da desaparecida do buque do CISC demanda información

1 minutes read

Os investigadores calculan que María del Carmen Fernández Cid debeu de caer ao mar Mediterráneo á altura de Denia. Parece ser que a viron o sábado día nove pola noite no García del Cid e que o domingo á mañá non estaba. O avogado da familia quere analizar as dilixencias non só para aclarar que pasou, tamén para descubrir que responsabilidades hai. «O principal, de momento, sabemos que hai declaracións dos compañeiros, e logo debería haber gravacións, porque o barco ten cámaras para saber todos os datos da súa desaparición», explica Diego Leis.

Tempo atrás a desaparecida denunciara unha persoa do traballo por agresión sexual, pero o proceso parou despois de chegarse a un acordo entre as partes. Posteriormente, a muller colleu sucesivas baixas. Agora volvía embarcar, incorporándose doutra baixa médica, e vira esa persoa á que denunciara. A familia pregúntanse pola aplicación de protocolos e demándanlle ao CSIC máis comunicación. Aseguran que non saben nin os medios que puxo o CSIC para a procura de María del Carmen Fernández e cren que podería estar facendo máis.