A familia de José Couso cobrará 182.000 euros por orde da Audiencia Nacional


A Audiencia Nacional impuxo ao Estado español indemnizacións á muller e aos dous fillos de José Couso por valor de 182.000 euros en razón da “omisión de protección diplomática” que sufriron logo do asasinato do cámara galego de televisión en Iraq en 2003  a mans das tropas estadounidenses. A Sección Cuarta da Sala do Contencioso-Administrativo do tribunal especial recoñece unha indemnización en favor da viúva de Couso de case 100.000 euros e de máis de 41.000 para cada un dos seus dous fillos menores cando ocorreron os feitos.