A familia Franco puxo á venda a Casa Cornide, na Coruña, segundo figura en portais inmobiliarios onde se especifica que se comercializa “casa ou chalé” na Cidade Vella, con 11 cuartos, 13 baños e 1.430 metros cadrados.
A posta á venda da propiedade prodúcese cando se está celebrando o xuízo polo pazo de Meirás, no que o Estado e as demais administracións intervintes (a Xunta, a Deputación coruñesa e os concellos da Coruña e Sada) reclaman a súa devolución ao patrimonio público.
Este pazo do século XVIII foi sede de dependencias municipais, aínda que en 1962 foi alleado mediante unha poxa pública, recaendo no empresario coruñés Pedro Barrié de la Maza.
No escrito de adxudicación, trasladábase, no entanto, a vontade de transferir o edificio a Carmen Polo, esposa do entón xefe do Estado, Francisco Franco, que a incorporou finalmente ao seu patrimonio.