A Favec reclama ao Concello de Vigo que informe sobre o estado do novo PXOM

1 minutes read

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) traslada a preocupación mostrada polos veciños ante a falta de respostas e información ás alegacións á revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

A presidenta da Favec, María Pérez, asegura que a concelleira de Urbanismo e tenienta de alcalde, María José Caride, sinalou que “se ían a contestar e notificar”. “Comprometeuse. Existe temor por se decae o Instrumento de Ordenación Provisional e hai que regresar ao PXOM do 93, coa inseguridade xurídica que conlevaría”, engade.

Pérez lembra que a Favec encargouse de percorrer as parroquias para informar sobre os puntos crave do PXOM debido a que o goberno local “fíxoo moi tarde”. “Moita xente non alegou por ese motivo”, lamenta.

A representante da Federación reclama unha vez máis “democracia real” na cidade e que se conte co movemento veciñal. “Pedimos información. Non se pode elaborar un Plan Xeral ás costas dos veciños”, finaliza.