A Federación Alzhéimer Galicia estreou sede en Santiago nun local cedido pola Xunta

1 minutes read

A Federación Alzhéimer Galicia (Fagal) estreaba este sábado oficialmente a súa nova sede en Santiago de Compostela, nun local cedido de forma gratuíta pola Xunta de Galicia, e a cuxa inauguración asistía a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do Presidente e o Vicepresidente 1º da Federación, César Bugallo e Jesús Villar Antelo.

No encontro, a conselleira aproveitou para agradecer á entidade «ou seu apoio e colaboración constante», así como o seu labor á fronte das quince asociacións que atenden a cinco mil familias en Galicia.

Segundo os datos trasladados pola Xunta, existen xa arredor de 1.000 establecementos e entidades adheridos na comunidade, con vantaxes en ámbitos como a saúde e o benestar, a hostalaría, o lecer, o tempo libre ou a actividade cultural. García destacou que o programa pretende facilitar ás persoas maiores o acceso a este tipo de servizos e actividades.

No caso do club santiagués, as persoas usuarias do Carné +65 poden beneficiarse dun desconto do 20% no prezo do abono da SD Compostela para a tempada 2026-2027. A visita serviu así para divulgar esta colaboración e a incorporación do ámbito deportivo á rede de vantaxes asociadas ao programa autonómico.