As nadadoras infantís, Alba Lamas (2011) e Noa Ferreiro (2011) máis o nadador júnior Anxo Fuentefría (2009), veñen de ser convocados pola Federación Galega de Natación para participar co combinado que representará a Galicia no XIV Campionato de España de Natación por Federacións Autonómicas Infantís e Júniors. Torneo que se disputa os días 13, 14 e 15 de febreiro na piscina pontevedresa do Complexo Deportivo Rías do Sur, onde tomarán parte 540 nadadores-as en representación de 18 comunidades autónomas. Os-as outros-as dous-dúas convocados-as son os-as alevíns Sara Ríos (2013) e Xacobo Fraga (2013), que acoden coa FEGAN ao XII Campionato de España de Natación por Federacións Autononómicas en Idade Escolar do CSD. Desta volta viaxarán a Málaga para participar do 27 de febreiro ao 1 de marzo nas instalacións do Centro Inácua.