A Federación Galega de Redeiras Artesás entre as gañadoras do Premio Begoña Caamaño

A área de Cultura da Deputación da Coruña vén de fallar o Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero que, na súa VI edición, recaeu na Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’ na modalidade ‘Traxectoria’, e no Grupo de traballo de Igualdede e Xénero da ANPA do CEIP A Barouta (Ames) na modalidade ‘Iniciativa’.

A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, constituída en 2004, está integrada por oito asociacións de redeiras repartidas por todo o litoral galego que desenvolven a súa tarefa profesional como redeiras no sector da pesca, eminente masculinizado, no que o referente profesional sempre foi a figura masculina. Agrupan ao redor de 127 redeiras a través das seguintes asociacións profesionais: Asociación de Redeiras de Cariño, Asociación de Redeiras de Cedeira, Asociación de Redeiras de Portosín, Asociación de Redeiras O Fieital de Malpica, Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme, Asociación de Redeiras Virxe do Carme de Porto do Son, Asociación de Redeiras de Cangas O Cerco, e Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha