44
A liga en 2ª B e na 3ª galega podería non acabar de disputarse. Esa é a idea que a Federación española de futbol vai plantexar ante as federacións rexionais, dar por rematada a temporada regular en 2ªB e na 3ª mediante un mecanismo exprés sen que haxa descensos. Iso implica que a próxima temporada, en 2ªB, pasaríase de 80 a 98 clubs. A situación regulariase en 3 ou 4 temporadas. SI habería ascensos, mediante un sistema de playoff a partido único e probablemente, con todos os equipos concentrados nun mesmo lugar. 4 ascensos a segunda e 18 a 2º B. Estas medidas afectarían á Segunda B, Terceira, competicións de ámbito estatal do fútbol femenino, fútbol sala e todas as competicións estatais de categoría xuvenil.