A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) reclama á Xunta que estableza un protocolo de seguridade para as verbenas ante o inminente comezo do verán e a próxima finalización do proceso de desescalada.
O sector urxe que se determinen as condicións para salvar unha temporada na que verán reducida a súa recadación anual entre un 60-70% das previsións ante os anuncios de suspensión das verbenas.
Estes negocios xeran 5.000 empregos directos en grupos musicais, ademais de beneficios na hostalería, empresas de pirotecnia e outras atraccións.