A feira de Paiosaco deste domingo seguirá cos postos de venda ao 50%

1 minutes read

A Laracha é o único concello da comarca de Bergantiños que non está en nivel 3 de alerta por coronavirus. De todos os xeitos cabe tomar todas as medidas posibles marcadas pola Lei para tratar de frenar o avance da pandemia. O Concello emitiu un comunicado no que informa que debido a que as medidas preventivas específicas para a comarca de Bergantiños que entraron en vigor este sábado non afectan directamente ao Concello da Laracha, a feira de Paiosaco deste domingo celebrarase do mesmo xeito que a de hai quince días: permitirase a presenza de todos os postos de venda, pero coa limitación de que ocupen a metade do espazo habitual.