A feira de Paiosaco xa se parece á gran feira que era antes da pandemia

1 minutes read

Cita importante este pasado domingo en Paiosaco, por unha banda, a recuperación de practicamente a totalidade dos postos da feira, por outra a celebración da feira máis importante do ano, a das cereixas, celebración que conta co distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia e en terceiro lugar o complemento da actividade política, en campaña para o 12-J. Colas de coches e de xente fixeron moi vistosa a actividade comercial, timidamente embazada por unha densa néboa que por momentos mesmo mollaba. O froito estrela, a cereixa, cotizouse desde os 3 ata os 6 euros o quilo, cun prezo medio de 3,5 euros o quilo. Este ano non houbo actividades lúdicas paralelas debido ás medidas adoptadas motivo á pandemia do covid-19. Moita alegría se palpaba no ambiente, motivo de que a feira de Paiosaco vai camiño de ser a gran feira que sempre foi.