A feira de Vimianzo volve a celebrarse este xoves despois de catro meses

Imaxe de varios postos na feira de Vimianzo_Cedida

  •  Desenvolverase entre as rúas Castelao, Antonio Vázquez Mouzo, Vilar, Curros Enríquez e Candil

Vimianzo contará de novo coa súa particular feira despois de catro meses sen poder desfrutala. Desenvolverase na súa ubicación habitual, entre as rúas Castelao, Antonio Vázquez Mouzo, Vilar, Curros Enríquez e Candil.

Protección Civil e Policía Local coordinarán un dispositivo especial para organizar un itinerario seguro e evitar así as aglomeracións durante a xornada. Ademais, facilitarase xel hidroalcólico para os vendedores e veciños.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, fai unha chamada á “prudencia” para desfrutar dun dos mercados con máis afluencia na zona e recalca que “o levantamento das restricións non implica que a situación estea superada”.

Vimianzo foi un dos concellos que máis sufriu con esta pandemia. Recuperou a mobilidade este 26 de febreiro despois de quedar baixo un peche perimetral a finais de outubro de 2020.