0
- Estará prohibido o aparcamento en todas as rúas afectadas desde o sábado pola noite
Despois de varios cambios motivados polas obras de urbanización de toda a contorna do Fórum Carballo, a feira que se celebra os segundos, cuartos e quintos domingos de mes no barrio da Milagrosa recupera a súa distribución habitual.
Segundo informa a Concellaría de Mobilidade e Feiras, este domingo os postos de venda ambulante estarán situados nas seguintes rúas: Avenida da Milagrosa (zona do parque), Xílgaro, Saturnino Cuíñas, Fotógrafo José Vidal, Xesús San Luís Romero, Emilio González López (parte) e Isidro Parga Pondal.
En todas elas estará prohibido o aparcamento dende o sábado pola noite, como é habitual.