A FEMP defende reducir os prezos da enerxía

O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, defendeu desvincular os prezos de gas e electricidade dentro do Plan de Resposta ao Impacto da Guerra e chamou á responsabilidade dos axentes sociais para conter a inflación. Caballero recoñeceu a xestión que o presidente do goberno está a levar adiante con outros gobernos europeos para esa desvinculación que pode supoñer “unha baixada importantísima e sustantiva dos prezos da electricidade”.

Nesta Conferencia, cuxa celebración foi un compromiso adquirido polo executivo na pasada Conferencia de Presidentes, celebrada na Palma o pasado 13 de marzo, o presidente da FEMP asegurou que é necesario igualmente acelerar os fondos europeos de Recuperación aos concellos porque, asegurou, “os concellos estamos en disposición de investir e canto antes, mellor. Somos capaces de facer investimentos de eficiencia enerxética, para controlar e facer mellor e máis eficiente en termos enerxéticos o transporte urbano”. Así mesmo, referiuse ao encarecemento dalgunhas obras pola subida dos custos de materiais e recomendou que esta cuestión se atenda en función dese incremento.

Tamén se referiu á “folga salvaxe” que hai neste momento e pediu “acougo”, esperar antes de tomar decisións precipitadas sen contar co respaldo de Europa. “As medidas téñense que estudar e ás veces é máis adecuado dar axudas directas para beneficiar a sectores afectados”, apuntou

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha