As chuvias das últimas xornadas, e a previsión de máis precipitacións para as seguintes, fixo que fora necesario abrir as comportas do encoro de Santa Uxía, polo que o caudal da fervenza está ao máximo, o que deixa imaxes fermosas da desembocadura do río Xallas para fundirse no mar. O desnivel do último tramo do río Xallas é de 155 metros, precipitándose a auga a 40 metros de altura monte abaixo ata golpear as paredes do canón situado ao pé do monte Pindo (de 630 m de altitude). Existen referencias documentadas que datan do ano 1724 que mencionan a fervenza, describíndoa como unha enorme fumareda que se podía divisar desde varios quilómetros mar dentro. Esta fumareda deixa unha parede bastante erosionada de máis ou menos 30 metros de altura. Segundo informan desde o concello, o máis probable é que as comportas continúen abertas durante estos días. Como o peche perimetral dos concellos segue en vigor só o poden presenciar este fenómeno da natureza os privilexiados veciños de Dumbría.
69