A fervenza do Ézaro volve lucir todo o seu esplendor tras a choiva

0 minutes read

As intensas precipitacións dos últimos días deixan unha imaxe da fervenza do Ézaro, no concello de Dumbría, que cada vez é máis ocasional. O caudal do río Xallas volve baixar coa forza que lle corresponde a estas alturas do ano e o salto de auga, que cae dende unha altura de máis de 40 metros, convértese nun verdadeiro espectáculo da natureza. Trátase do único río de Europa que desemboca no mar en forma de fervenza.