A Festa da Fabada de Paiosaco alcanzou a maioría de idade cun abarrote de fieis

2 minutes read

Amencía fresca a xornada deste domingo cuberta por un manto de néboa, pero ese non era un problema para os máis madrugadores que asistían este domingo en aglomeración a feira de Paiosaco. Os fogóns estaban a cen graos, o viño no seu punto e a fabada quentiña e saborosa.

A Asociación Cultural Queiroga tiña todo perfectamente organizado para unha nova edición da Festa da Fabada, que se desenvolveu durante esta primeira feira do outono en Paiosaco e que dito sexa de paso alcanzaba a súa maioría de idade. Desde as 9:00 horas púidose degustar este produto no campo da feira baixo carpa, a cinco euros a tapa, dez euros a ración e paralelamente na maioría dos locais de hostalaría da vila.

Uns cincocentos quilos de fabas deron de sí máis de tres mil tapas e racións que circularon durante esta edición que foi cualificada de rotundo éxito por organizadores e visitantes. O evento gastronómico complementouse con mostras de artesanía e música tradicional galega. Todo elo contribuíu a dinamizar e complementar os diferentes postos de venda ambulante ubicados na tradicional feira dominical.

Tapas de fabada preparadas para servir na mesa.

Carpa do evento ateigada de público durante a feira.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?