A Festa da Filloa de Lestedo convoca o III Concurso Fotográfico ‘Filloarte’

1 minutes read

A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, en colaboración co Concello de Boqueixón, veñen de poñer en marcha a terceira edición do concurso de fotografía dixital “Filloarte”. Esta proposta desenvolverase a través da fan page de Facebook da Festa da Filloa de Lestedo (https://www.facebook.com/filloaoficial) e da conta oficial de Instagram (@festadafilloadelestedo).

As persoas interesadas en participar teñen ata as 23.59 horas do 17 de febreiro para remitir ata un máximo de dúas fotografías ao enderezo electrónico festadafilloadelestedo@gmail.com coa lenda “Filloarte” ou “Filloa de Lestedo 2023” no asunto do correo. Ademais, no propio mail, a persoa participante deberá achegar os seus datos de contacto (nome,  apelidos  e teléfono), así como os títulos da/s fotografía/s adxuntas.

Haberá dous primeiros premios consistentes en sendos vales por valor de 150 euros para canxear por unha noite nunha cabana de María Manuela Enoturismo de Boqueixón. Tamén dous segundos premios consistentes en sendos vales por valor de 100 euros para canxear por unha cea no Restaurante O Balado de Boqueixón.