A XLI Festa da Filloa de Lestedo bateu todas as marcas. “Por primeira vez superamos por bastante as 100.000 filloas repartidas, a metade este domingo e o resto durante as distintas actividades paralelas que vimos organizando neste último mes”, destaca José Manuel Canabal, presidente da Asociación Cultural da Filloa.
A coincidencia coa xornada electoral non afectou en nada a festa, salvo no feito quizais de que o campo da festa comezou a encherse un pouco máis tarde do habitual, o que tamén permitiu que as máquinas filloeiras funcionaran a pleno rendemento e non houbera que agardar por elas, a cinco euro por un paquete de dez filloas. Este ano, ademais das dúas máquinas filloeiras en funcionamento houbo que engadirlle as filloas á pedra (a dous euros), feitas nun stand no campo da feira; un posto de filloas recheas e, por primeira vez, venda de filloas sen glute no local social de Lestedo.