A Festa da Milagrosa de Carballo entregouse a un multitudinario ‘Swing do Combo’

1 minutes read

Este venres había multitude de fiestas por toda a comarca de Bergantiños, en coincidencia as de San Ramón, Milagros e Milagrosa. Erboedo, Cabovilaño, Xoane, O Esto, Serantes, Baio, etc… Ningunha delas foi comparable á Festa do Barrio da Milagrosa de Carballo.

Tras o traballo dunha comisión de festas perfectamente organizada, centos de persoas desafiaron á ameaza de choiva, que deu unha tregua, e acudiron á cita programada coa orquestra canaria El Combo Dominicano para as 22:30 horas na praza do barrio carballés, minutos despois de que Juan García Rodríguez se encargase de ler o pregón para dar por iniciadas as Festas da Milagrosa 2023.

Cumbia, bachata, salsa e, sobre todo, merengue adornaron a verbena cun amplo repertorio, no que non faltaron versións de cancións coñecidas e de éxito do momento, nin tampouco outras moitas de composición propia, sempre buscando a conexión co público ata altas horas da madrugada.

Unha gran carpa acollía a cantina da comisión, moi concurrida durante toda a verbena.

Unha orquestra con historia

A historia do Combo comeza no ano 1992, cando os seus mozos fundadores, naturais da República Dominicana, poñen rumbo ao arquipélago canario coa súa formación “Orquídea» para tocar nos entroidos. As similitude que estas illas gardan coa súa terra, fixéronlles botar raíces aos seus compoñentes.

Tras esa primeira xira quedaron e formaron a nova agrupación, que logo de actuar en diversos puntos serían bautizados polo público canario como “O Gran Combo Dominicano”. Anos máis tarde chegaría a súa conexión con Galicia e, tras un enorme traballo e facendo grandes sacrificios, leva máis de 8 anos congregando a miles de persoas cada noite entre os meses de maio e outubro.