A Festa da Pataca de Coristanco declarada de Interese Turístico de Galicia

O Consello da Xunta de Galicia declara a Festa da Pataca de Coristanco de Interese Turístico de Galicia. E precisamente esta declaración chega uns días antes en que se celebre esta multitudinaria festa. Despois de dous anos de parada pola pandemia, Coristanco volve celebrar unha nova edición da Festa da Pataca, que este ano será a número 40. Rematado o Consello da Xunta deste xoves o presidente , Alfonso Rueda, deu a  coñecer esta decisión. A Festa da Pataca de Coristanco vén celebrándose dende o ano 1980 neste municipio da Costa da Morte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha