A Festa do Berberecho recuperou todo o seu esplendor este ano en Baldaio

1 minutes read

Tras tres anos de parón pola pandemia, Baldaio, e Imende en particular, volveron a recibir a centenares de persoas na a súa pista polideportiva para celebrar a vixésimo terceira edición da súa xa tradicional Festa do Berberecho, organizada pola ACDR Baldaio. O rei da festa púidose degustar ao vapor, en salsa e en máis de 300 empanadas, pero ademais houbo pulpeira e unha moi animada sesión vermú amenizada pola AC. Arume de Caión e a orquestra Marazul, encargados de facerlle a dixestión aos case mil quilos de berberechos, a 28 euros a ración, preparados e servidos para a ocasión por unha vintena de persoas que colaboraron coa organización.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?