A Festa do Bosque pecha o San Xoán carballés

O San Xoán dirá adeus ata o ano que vén cunha celebración cada ano máis multitudinaria, sen perder por iso o seu espírito familiar nin as súas tradicións. O programa repite as actividades que co paso do tempo foron converténdose nos sinais de identidade da celebración, coma o concurso de sobremesas, os xogos populares ou o campionato de barcos de papel.

Pero para que a afluencia masiva de persoas non afecte ao gran pulmón verde de Carballo, este ano tamén se inclue unha campaña de sensibilización medioambiental na que colaboran as concellarías de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Festas e Mocidade, e que ten como lema “Eu ♥ O BOSQUE”. Esa será a mensaxe que levarán os agasallos para os nenos e nenas que participen no campionato de barcos de papel, e tamén a que se utilizará para sinalizar as áreas de recollida selectiva colocadas en distintos puntos do espazo festivo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha