A Festa do Bosque pechou as celebracións do San Xoán carballés


Trátase dunha celebración cada ano máis multitudinaria, sen perder por iso o seu espírito familiar nin as súas tradicións. O programa deste domingo repetiu as actividades que co paso do tempo foron converténdose nos sinais de identidade da celebración, coma o concurso de sobremesas, os xogos populares ou o concurso da baixada de barcos de papel, que este ano celebrou a súa 108ª edición. Un xurado composto por cinco persoas elixidas ao azar entre os asistentes á festa valoraron a orixinalidade do plato, a presentación e, por suposto, o sabor; sendo estes últimos dúas categorías en si mesmas que levaron cadanseu premio patrocinado pola Pastelaría San Luís.Tamén houbo música, moita música, en gran parte na sesión vermú da man do grupo de Laxe O Tren da Unha, e pola tarde cun Dj.