A Festa do Percebe de Corme, de promoción en FESTUR

0 minutes read
  • O técnico de Turismo do Concello de Ponteceso atópase na feira promovendo a festa gastronómica

O técnico de Turismo do Concello de Ponteceso, Javier Couto, atópase desde este xoves na Feira de Interese Turístico de Galicia (FESTUR) promocionando a Festa do Percebe do Roncudo, que terá lugar o vindeiro sábado 2 de xullo.

Couto permanecerá en FESTUR ata este domingo para impulsar o turismo na localidade de Eduardo Pondal.