A ‘Festa Galega’ volve a Malpica os días 18 e 19 de agosto

Nesta nova edición serán dous días nos que a música galega fará gozar a todos aqueles que se acheguen ata a vila. Big Band Atlantic abrirá os concertos ás 22.00 horas, o venres 18 de agosto, despois actuará Carcaxía ás 23.45 horas, Uxía ás 12.00 horas e finalizará a quenda das actuacións o grupo Do Rivés. O sábado volverase a contar coa actuación de Big Band Atlantic seguido de Os D’Abaixo ás 22.45 horas e para rematar a Festa Galega ás 24.00 horas actuará o grupo De Ninghures. Todas as actuación son de balde e realizaranse no porto de Malpica.

Promo do evento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha