A fibra ultrarrápida chegará en 6 meses a toda a veciñanza de Cerceda. A Administración local impulsou un convenio con Rede Aberta e empregaranse infraestruturas eléctricas de titularidade municipal para o despregamento do servizo, co compromiso de reparación ou reposición no caso de ser preciso por parte da empresa.; ó igual que se levou a cabo noutros 12 concellos da provincia como Malpica, Mazaricos, Laxe, Ponteceso, Vimianzo ou Cee.
Os traballos de instalación do cableado comezaron esta mesma semana e crearase un nodo desde o casco urbano para facer chegar esta conexión a todas as parroquias do concello.
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, destacou que se trata “dun avance tremendamente importante en materia de dotación de servizos e de aí o noso esforzo por favorecelo en todo aquelo que é da nosa competencia”.