38
Son numerosos e de diversa índole os problemas cos que se atopará o fútbol a nivel mundial para regresar á competición. De saúde relacionados co COVID-19, económicos e de esencia por ter que xogar a porta pechada… amoldarse, en definitiva, á nova realidade que provocará a pandemia. De todos os xeitos, isto non debe deixar ao carón as dificultades propias do propio deporte e que se acentuarán no regreso das ligas tras un parón imprevisto. Máis cando a idea é comprimir os calendarios para terminar as tempadas canto antes. As lesións son un dos grandes temores dos futbolistas e a FIFA xa traballa, no posible, para minimizar riscos. Unha das súas medidas en marcha é ampliar o número de cambios por partido a cinco.