A fin de semana sáldase con 58 accidentes de circulación

112 Emergencias

  • A Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 79 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 29 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 1 de decembro. Os días que rexistraron máis incidencias foron o sábado e o domingo con 19 sinistros de tráfico ambos.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 70 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 58 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 79 persoas. Máis da metade dos atendidos eran homes e un 37% do total tiña entre 25 e 39 anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que rexistraron máis accidentes con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas, seguíndolle de lonxe Ourense con 5 e Lugo con 3.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha