A Fiscalía abre dilixencias polo papel da Xunta nos incendios do verán

A Fiscalía de Medio Ambiente abriu dilixencias tras unha denuncia presentada pola plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” que sinala á Xunta como responsable do «desastre ambiental» rexistrado pola vaga de incendios deste verán. A plataforma acusa á Xunta de «deixamento» ante a vaga de incendios rexistrada os pasados meses de xullo e agosto e que produciron «graves efectos» nos montes e ecosistemas de máis valor de Galicia.

Neste caso, a súa denuncia apunta directamente á Consellería de Medio Rural por «inacción» ante os incendios que «arrasaron ecosistemas de gran valor» como o Parque Natural do Invernadoiro, o Macizo Central ourensán, a serra do Courel, ou a comarca de Valdeorras, entre outros.

Desde a plataforma, suxiren e advirten de que estes incendios se agravaron debido a que a maioría de traballos de prevención estaban sen levar a cabo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha