A Fiscalía acusa a “Lito” de ocultarlle 25 millóns de euros a Facenda


A Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra retomou o xuízo contra o chamado rei das orquestras. Nesta xornada prestaron declaración os peritos e presentaron as conclusións. A fiscalía considera que a empresa que movía unhas 70 orquestras e uns 50 axentes de zona por toda Galicia, só tributaba polas contratacións con entes públicos e empresas privadas. Mentres, permanecía oculto para a Facenda o groso do seu volume de negocio, uns 25 millóns de euros cada ano. O fiscal pide para o acusado 14 anos de prisión e multas que superan os 21 millóns de euros.