A Fiscalía denuncia á parella de Ayuso por presunta fraude a Facenda con facturas falsas

Alberto González Amador, parella actual da presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, defraudaría  presuntamente a Facenda un total de 350.951 euros en 2020 e 2021 a través de facturas falsas, segundo consta nunha denuncia da Fiscalía Provincial de Madrid fundamentada nunha investigación da Axencia Tributaria.

Na denuncia, adiantada por eldiario.es, o fiscal imputa os delitos de defraudación tributaria e falsidade documental á parella de Ayuso e a outros tres involucrados: Maximiliano Eduardo N. G., David H. L., Agustín C. S. e José Miguel C. S. E así o remite ao xulgado de instrución de Madrid.

O fiscal solicita que se tome declaración a estas persoas en calidade de investigados e que testifiquen como peritos os inspectores de Facenda que elaboraron o informe relativo a este asunto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha