A fiscalía investiga ao rei emérito Juan Carlos I por posible branqueo de capitais

Rey emérito Juan Carlos I_Dereitos de autor: Euronews

  • É a terceira vía de investigación aberta ao antigo xefe do Estado español

A Fiscalía do Tribunal Supremo de España volveu abrir unha investigación contra o rei emérito Juan Carlos I por supostas irregularidades cometidas polo monarca, segundo un informe do Servizo de Prevención de Branqueo de Capitais.

Trátase, segundo o portal Euronews, da terceira vía de investigación aberta ao antigo xefe do Estado, sobre o que xa hai pescudas por unha suposta utilización de tarxetas opacas e varias contas en Suíza.

Polo momento descoñécese o alcance temporal das investigacións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha