Manteñense as peticións de cárcere contra o alcalde de Cee, e outros cinco acusados, o concelleiro Juan Bautista Areas, dous empresarios, un arquitecto e un axente de orquestras; Así o determinou o Ministerio Fiscal na última sesión do xuízo celebrado na Audiencia da Coruña.
Para o letrado dun dos acusados, Felipe Mayan, trátase dun «tema procesal» para a presentación dun recurso. «As acusacións susténtanse sobre a nada», remarcou despois de que se declarasen nulas as escóitas telefónicas nas que se baseou esta causa.