A Fiscalía pide catro anos de cárcere para Gayoso e a ex-cúpula de Caixanova

0 minutes read

Comeza un novo xuízo contra os directivos da antiga Caixanova por unha operación inmobiliaria, cando menos, sospeitosa. Acúsanos de concederlle un préstamo de 67 millóns de euros a unha sociedade sen as garantías suficientes. Caixanova perdeu case 42 millóns nesa operación. A instrución desvelou que nunca se explicaron os riscos da operación e que non se valorou que os prestatarios tiñan problemas de liquidez e solvencia. De feito nunca devolveron os cartos. Un dos beneficiados era o irmán de Gregorio Gorriarán, daquela director xeral de Caixanova e un dos acusados.