47
Visto para sentenza o caso Máster. A fiscalía pide para a expresidenta madrileña Cristina Cifuentes tres anos e tres meses de cárcere por instar á falsificación da acta do seu traballo fin de máster na universidade Rei Juan Carlos. Canda ela tamén están imputadas unha profesora e unha exasesora da comunidade. O Ministerio Público incidiu na culpabilidade de Cifuentes. A fiscala Pilar Santos Echevarría, cre que Cifuentes «polo seu cargo, non manchou as mans. Pero é evidente que lle urxía imperiosamente que a universidade lle proporcionase unha solución. Se toda a maquinaria se puxo en marcha foi, precisamente, por estas presións».