A Fiscalía Anticorrupción vincula a ex-secretaria xeral do PP Dolores de Cospedal e o seu marido, o empresario Ignacio López del Hierro coa ‘operación Kitchen’ (o operativo parapolicial que se creou para subtraer documentos ao ex-tesoureiro do partido Luís Bárcenas) pola «documentación comprometedora» que este tería sobre ela. Así se sinala no informe, de 56 páxinas que o Ministerio Público lle presentou ao xuíz da Audiencia Nacional Manuel García-Castellón, que investiga a peza ‘Kitchen’ dentro do macrosumario por actividades irregulares do comisario xubilado en prisión José Manuel Villarejo. O seu marido, López del Hierro, aparece na investigación como a persoa que pon en contacto a Andrés Gómez Gordo, responsable da seguridade da súa esposa, con Villarejo, para que este manipule o chofer de Bárcenas. O ex-comisario José Villarejo manifestou nunha conversación en febreiro de 2017 que dirixentes do PP lle encargaran destruír os computadores do ex-tesoureiro Luís Bárcenas e que os tiña «a todos inmortalizados».
42